O tratado Thomson-Urrutia foi asinado en Bogotá entre os Estados Unidos e Colombia, o 6 de abril de 1914 polo plenipotenciario norteamericano Thadeus A. Thomson e por Francisco José Urrutia de parte de Colombia. O seu obxectivo era solucionar o conflito entre estadounidenses e colombianos, provocados polo apoio que brindou os Estados Unidos á separación de Panamá de Colombia en 1903. Sendo ratificado polo Congreso dos Estados Unidos, sete anos despois da súa sinatura (en abril de 1921) e 18 da declaración de independencia.[1]
En virtude deste tratado, ámbolos dous países acordaron entre outros puntos:
Panamá non tivo ningunha participación na negociación do tratado, nin tampouco lle deu o dereito ós Estados Unidos para que actuase no seu nome. Ó aprobarse devandito tratado, Panamá protestou e non recoñeceu eses límites en vista de que ningún dos dous países asinantes podían obrigala a cumprilo.
Os límites foron determinados polo tratado Victoria-Vélez, do 20 de agosto de 1924 e son os mesmos límites que fixou a Lei de 1855.