Toy Story 2 é un filme de animación de Pixar, dirixido por John Lasseter que se estreou en 1999.
Sinopse
Cando Andy se vai de campamento deixando sós ós xoguetes, Al McWhiggin, un compulsivo coleccionista de xoguetes valiosos, secuestra a Woody. Buzz Lightyear e os demais xoguetes terán que actuar con rapidez se queren rescatalo. Durante a operación de rescate non só terán que afrontar múltiples perigos, senón que tamén vivirán divertidas situacións.