Touro salvaxe (en inglés: Raging Bull), é un filme estadounidense de 1980 dirixido por Martin Scorsese e baseado no libro Raging Bull: My Story do boxeador Jake La Motta. Robert De Niro interpreta o boxeador de peso mediano cunha rabia sadomasoquista, celos sexuais e apetito brutal que exceden os límites do cuadrilátero e destrúen a súa relación coa súa esposa e a súa familia. Joe Pesci interpreta a Joey, irmán e director de LaMotta que o axuda a loitar contra si mesmo, e Cathy Moriarty interpreta a súa esposa. O filme foi candidato a oito premios Oscar e conseguiu dous, mellor montaxe e mellor actor.[3]
Touro salvaxe está considerado un dos mellores filmes da historia do cinema estadounidense[4] e foi elixido en varias listaxes dos mellores filmes polo American Film Institute.[5]
En 1990 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[6]
Foi emitido na TVG o 12 de xaneiro de 1991.[7]
Argumento
Jake LaMotta é un mozo boxeador italoestadounidense que adestra arduamente para chegar a ser o número un nos pesos medios. Coa axuda do seu irmán, Joey, verá ese soño feito realidade moito despois. Con todo, a fama e o éxito só conseguen empeorar as cousas. O seu matrimonio vai cada vez peor debido á súa vida clandestina con outras mulleres, aos celos sexuais e as infidelidades da súa esposa por vinganza, e por outra banda a mafia presiónao para que os seus combates estean amañados.
Elenco
Notas
Véxase tamén
Bibliografía