A torre do Monte é un pazo situado no lugar da Pedreira, parroquia de Padrón, no concello de Padrón, de titularidade privada.[2][3] Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1994.[4]
Descrición
Erixido a finais do século XIV e comezos do século XV pola familia fidalga dos Romay.[5] Conta cunha torre defensiva,[6] construción de cantaría de granito, cheminea monumental,[7] unha escalinata barroca na fachada principal e solaina orientada ó sur.[6] A capela do pazo está dedicada a San Miguel.[7]
Rosalía de Castro menciona a torre no poemario En las orillas del Sar (1884), no pazo consérvase o manuscrito orixinal de Os dous de sempre (1934), de Castelao[1] e alberga unha colección pictórica de pintores galegos dos séculos XIX e XX.[8]
Galería de imaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Premio europeo ao traballo artesanal". La Voz de Galicia. 22-03-2002. Consultado o 20-11-2023.
- ↑ Mesía López, Ana Isabel (2018). El potencial turístico de los conjuntos históricos de Galicia. Villas y pueblos. I. A Coruña - Lugo (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 250.
- ↑ Martín, Irene (20-09-2018). "«Galicia ten un problema de educación patrimonial»". La Voz de Galicia. Consultado o 20-11-2023.
- ↑ "Relación de bens de interese cultural de Galicia" (PDF). Cultura de Galicia. Santiago de Compostela. 01-10-2012. Consultado o 20-11-2023.
- ↑ Villoch Herrera, José Ramiro (2008). "Heráldica en Boiro" (PDF). Cadernos Culturais (Asoc. O Faiado 2) (10): 35 e 51.
- ↑ 6,0 6,1 García Gil, 2003, p. 109.
- ↑ 7,0 7,1 "Catálogo complementario de bens con valor histórico, artístico ou cultural e espazos naturais e paixaxísticos, obxecto de protección" (PDF). BOP deputación da Coruña (207): 6468. 09-09-1994.
- ↑ García Iglesias, 2001, p. 299.
Véxase tamén
Bibliografía
- García Gil, Luisa (2003). "Pazo Torre do Monte" (PDF). SC+a: revista do C.O.A.G., delegación de Santiago de Compostela (en castelán) (COAG) (Nº 1): 108–111.
- Martínez-Barbeito, Carlos (1978). Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña (en castelán). Deputación da Coruña. pp. 645–648. ISBN 84-400-9700-X.
- Alonso, Sandra; et al. (2001). La Galicia de los pazos (en castelán). Fotografías: Lobato, Xurxo. A Coruña: La Voz de Galicia. Depósito legal: C-2737-2001.
- Fortes, Xosé (2023). Torre do Monte. Cinco siglos de mayorazgo (en castelán). Coa colaboración de: Varela, Concha; Gondar, Marcial. Editorial Guiverny.
- García Iglesias, Xosé Manuel (2001). Guía dos pazos de Galicia. A Coruña. Fotografías: Xenaro Martínez Castro. Vigo: Galaxia. pp. 298–299. ISBN 84-8288-434-4. Depósito legal: VG-361-2001.
- García Iglesias, Xosé Manuel (1989). Pazos de Galicia: inventario do patrimonio histórico galego. Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. p. 131.
Outros artigos
Ligazóns externas