To The Moon (videoxogo)

To the Moon
Desenvolvedor(es)Freebird Games
Distribuidora(s)Freebird Games
X.D. Network (móbil)
Deseñador(es)Kan Gao, Lannie Neely III
Escritor(es)Kan Gao
Artista(s)Alisa Tana, Gabriela Aprile, Kan Gao, Cecilie Posthumus
Compositor(es)Kan Gao
MotorRPG Maker XP (Windows)
mkxp (OS X, Linux)
Unity (móbil, Nintendo Switch)
Lanzamento1 de novembro de 2011
Xéneroaventuras
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, macOS, Linux, Android, iOS, Nintendo Switch
Na rede
https://freebirdgames.com/games/to-the-moon/
Youtube: UCaMtkUEd_AJfnY_iSKq26Cg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

To The Moon ("Á Lúa") é un videoxogo indie de xénero RPG (Role-playing game) deseñado por Kan "Reives" Gao e desenvolvido por Freebird Games para a plataforma de Microsoft Windows (PC). Foi lanzado en novembro de 2011, aínda que orixinalmente se publicou na páxina web oficial do autor o 8 de setembro e máis tarde estaría dispoñible en Steam.

Historia

To The Moon trata sobre dous médicos que viaxan no tempo a través das memorias dun moribundo para cumprir o seu último desexo.[1] No futuro, existe unha nova tecnoloxía que permite realizar intentos de alterar os recordos do paciente para así espertar os recordos de cousas que en realidade non suceden. Non obstante, posto que estes novos recordos son permanentes, o conflito entre eles e o recordo auténtico existente fai un choque de tal maneira que cesa a capacidade da persoa para funcionar correctamente. Polo tanto, a operación só se fai para xente no seu leito de morte, para que se cumprise o que desexarían ter feito coas súas vidas.

A persoa protagonista encarna a Dr.a Eva Rosalene e o Dr. Neil Watts, da compañía Sigmund Corp. que utiliza a devandita tecnoloxía. Esta vez, contrátaos un ancián chamado "Johnny" que nos conta que o seu último desexo é ir á lúa. Non obstante, por máis simple que sexa o desexo hai un problema...Johnny non sabe porqué. Os doutores terán que percorrer os recordos do paciente a través dos "mementos". Con cada salto a un momento importante na súa mente, aprendemos máis sobre o paciente e o que o levou á súa actual posición na vida. Ao chegar á súa infancia, os médicos tratan de inserir o seu desexo de ir á lúa. A intención é que unha vez que o desexo se implanta, a mente de Johnny vai crear recordos dunha nova vida baseada nese desexo, e que vai morrer crendo que vivía sen ningún remordemento.

Pero non todo vai segundo o previsto, nos encontramos cun escuro misterio que concirne ao desexo de Johnny, o seu pasado e a súa defunta esposa, River. Co reloxo facendo tic-tac, a Dr.a Eva Rosalene e o Dr. Neil Watts deberán desentrañar o complicado pasado de Johnny e facer o que sexa para lograr envialo á lúa.

Banda sonora

A banda sonora de To The Moon tivo críticas moi positivas. Entre os destacados, está "Everything's Alright" composto por Laura Shigihara e o resto por Khan Gao. O soundtrack publicouse o 4 de novembro do 2011 en Bandcamp, e está composto de 31 cancións cun total de 53:05 minutos.[2]

  1. "To The Moon - Main Theme" [04:56]
  2. "Between a Squirrel and a Tree" [01:18]
  3. "Spiral of Secrets" [01:06]
  4. "For River - Piano (Sarah & Tommy's Version)" [02:58]
  5. "Bestest Detectives in the World" [01:15]
  6. "Too Bad So Sad" [00:08]
  7. "Teddy" [00:42]
  8. "Uncharted Realms" [01:08]
  9. "Having Lived" [01:21]
  10. "Moonwisher" [02:10]
  11. "Born a Stranger" [01:41]
  12. "For River - Piano (Johnny's Version)" [01:39]
  13. "Lament of a Stranger" [01:05]
  14. "Everything's Alright (Music Box)" [00:40]
  15. "Moongazer" [02:15]
  16. "Anya by the Stars" [02:15]
  17. "Take Me Anywhere" [00:59]
  18. "Warning (AKA best track ever)" [00:09]
  19. "Beta-B" [01:06]
  20. "World's Smallest Ferris Wheel" [00:35]
  21. "Once Upon a Memory" [02:25]
  22. "Once Upon a Memory (Piano)" [01:35]
  23. "Laura Shigihara - Everything's Alright" [03:25]
  24. "Everything's Alright (Reprise)" [00:58]
  25. "Tomorrow" [02:10]
  26. "Launch" [01:57]
  27. "To the Moon - Piano (Ending Version)" [05:15]
  28. "Eva's Ringtone" [00:04]
  29. "Trailer Theme - Part 1" [01:43]
  30. "Trailer Theme - Part 2 (feat. Laura Shigihara)" [01:49]
  31. "Trailer Theme - Part 2 (Instrumental)" [02:00]

Tradución

Seguidores do videoxogo fixeron traducións a alemán, italiano, castelán, francés, polonés, ruso, portugués, neerlandés e turco.

Notas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!