"Combate entre Hércules e Xerión", de Xosé Espona e Tim Behrens, no parque escultórico da Torre de Hércules [ 1]
Timothy John Behrens , chamado Tim Behrens , nado en Londres en 1937 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2017 , foi un pintor e escritor galego -británico , vinculado á Escola de Londres .
Traxectoria
Behrens, de familia xudía, estudou na Escola de Belas Artes Slade do University College de Londres , en Londres . Nesa etapa de formación moveuse por distintos bares e clubs de bebida de artistas e intelectuais, como The Colony Room , onde fixo grupo con artistas que logo foron coñecidos como a Escola de Londres, e que compartían uns ideais estéticos e artísticos: Lucian Freud , Francis Bacon , John Deakin , Frank Auerbach ou Michael Andrews .[ 2] Neses anos cincuenta e sesenta do século XX , Behrens pintaba e ao mesmo tempo posaba como modelo: el é o personaxe que aparece no cadro Red-Haired Man on a Chair (Home roxo nunha cadeira ), de Lucian Freud de 1962[ 3] ) e 1963,[ 2] e o protagonista do Retrato de Timothy Behrens , unha obra de Michael Andrews que pertence á colección permanente do Museo Thyssen-Bornemisza ).[ 4]
Parte da súa carreira pictórica posterior desenvolveuna en países do sur de Europa, como Italia, Grecia ou España. En 1985 instalouse na Coruña , cidade na que faleceu.
Obra literaria
El monumento , 2003 , traducido do orixinal inglés.
Poniéndose ya el abrigo , 2010 , traducido do orixinal inglés.
Amores y pesadillas , 2009 (poesía)
Aquí se puede fumar , 2012 (poesía)
Vida persoal
Casado, tivo un fillo, Charles Behrens , videocreador.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas