Thor: Ragnarok é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Taika Waititi. É un filme de superheroes de Marvel Comics baseado no personaxe de Thor, foi producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É a secuela dos filmes Thor de 2011 e Thor: The Dark World de 2013, e é o décimo sétimo filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU). O guión é obra de Eric Pearson e o equipo de guión de Craig Kyle e Christopher Yost, e está protagonizado por Chris Hemsworth no papel de Thor xunto con Tom Hiddleston, Cate Blanchett, Idris Elba, Jeff Goldblum, Tessa Thompson, Karl Urban, Mark Ruffalo e Anthony Hopkins. En Thor: Ragnarok, Thor debe escapar do planeta Sakaar co obxectivo de salvar Asgard de Hela e impedir o Ragnarök.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Filmes | Fase 1 | |
---|
Fase 2 | |
---|
Fase 3 | |
---|
Fase 4 | |
---|
Fase 5 | |
---|
|
---|
Televisión | ABC | |
---|
Netflix | |
---|
Outros | |
---|
Por estrear | |
---|
|
---|