The Stranger é un filme australiano de 2022 escrito e dirixido por Thomas M. Wright. Está protagonizado por Joel Edgerton e Sean Harris.[3][4] Está baseada na obra de non ficción The Sting: The Undercover Operation That Caught Daniel Morcombe's Killer escrita por Kate Kyriacou, e inspirada na investigación do asasinato de Daniel Morcombe.[1] O filme segue a investigación dun caso de secuestro de menores, cun policía encuberto (Edgerton) nunha operación encargada de achegarse e facer amizade co principal sospeitoso (Harris).