The Special Collectors Edition é un recompilatorio de caras-b da banda inglesa Blur, editado no Xapón o 26 de outubro de 1994. As caras-b proceden dos sinxelos dos álbums Leisure, Modern Life is Rubbish e Parklife. O derradeiro tema non é unha cara-b, senón unha gravación de seareiros cantando "Bank Holiday" no aeroporto de Narita, Toquio.