The Queen's Gambit é unha miniserie estadounidense baseada na novela homónima escrita por Walter Tevis en 1983. Foi creada por Scott Frank e Allan Scott e está protagonizada por Anya Taylor-Joy. Estreouse en Netflix o 23 de outubro de 2020.[1][2]
The Queen's Gambit é unha historia ficticia baseada na vida dunha rapaza orfa e prodixio do xadrez, Beth Harmon (Anya Taylor-Joy). A serie céntrase na súa evolución para converterse na mellor xogadora de xadrez do mundo, superando problemas con dependencia de menciñas e alcohol. A historia comeza a mediados da década de 1950 e continua durante a década de 1960.[3]