The New Record by My Bloody Valentine é o segundo EP da banda irlandesa de rock alternativo My Bloody Valentine, publicado en setembro de 1986 a través do selo Kaleidoscope Sound. Gravado nos Alaska Studios de Londres, o son do EP está influenciado polo C86, unha ramificación do indie pop, e afástase do son post-punk dos inicios do grupo.
O escritor de Allmusic Nitsuh Abebe falou de The New Record by My Bloody Valentine como "un punto vital no desenvolvemento do son [da banda]" e refírese a el como "o punto no cal a banda comezou a experimentar coa música pop e o noise", influenciada por The Jesus and Mary Chain.[1] Tras o seu lanamento, The New Record by My Bloody Valentine chegu ao número peaked at number 22 da lista británica de sinxelos independentes.
Tódolos temas escritos e compostos por Kevin Shields e David Conway agás onde se indique.