The Jungle Book: Mowgli's Story é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Nick Marck, producido por Mark H. Orvitz e escrito por José Rivera e Jim Herzfeld. É o terceiro filme adaptado por The Walt Disney Company a partir da historia de Mowgli da obra O libro da selva (1894) de Rudyard Kipling. Está protagonizado por Brandon Baker, e conta coas voces de Brian Doyle-Murray, Eartha Kitt, Clancy Brown, Peri Gilpin e Sherman Howard.
O filme narra a vida dun neno chamado Mowgli (Baker) dende que viviu con humanos cando era neno ata que foi criado por animais salvaxes e redescubriu aos humanos de novo cando era adolescente. Foi distribuído por Walt Disney Pictures o 29 de setembro de 1998.