The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 é un filme estadounidense de ciencia ficción, baseado no libro homónimo de Suzanne Collins e dirixido novamente por Francis Lawrence. O filme está protagonizado por Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Woody Harrelson, Elizabeth Banks, Julianne Moore, Sam Claflin, Jena Malone, Willow Shields, Natalie Dormer, Robert Knepper, Philip Seymour Hoffman (no último filme da súa carreira), e Donald Sutherland. É a secuela da primeira parte da adaptación de Mockingjay, que fora lanzada o 19 de novembro de 2014 en Galicia.
Mockingjay - Part 2 é o capítulo final da serie de éxito The Hunger Games. Os seus dereitos autorais pertencen a Lionsgate.
Enredo
Coa nación de Panem en plena guerra, Katniss (Jennifer Lawrence) decide crear unha resistencia rebelde cun grupo de amigos próximos, denominada de "Escuadrón 451" – ao que pertencen Gale (Liam Hemsworth), Finnick (Sam Claflin) e Peeta (Josh Hutcherson) – para derrubar o Presidente Snow (Donald Sutherland). Arriscan as súas vidas nunha misión para tentar asasinar o tirano líder, que fica cada vez máis obcecado en destruír a Katniss. As trampas mortais, perdas, inimigos e escollas morais que esperan por Katniss van desafiala máis do que calquera cousa á que xa se enfrontou antes. En medio de todo iso, Katniss intenta recuperar a confianza de Peeta.
Elenco
Produción
A segunda parte de Mockingjay desenvolveuse xunto coa primeira. Os personaxes son interpretados polos mesmos actores.
O filme foi dirixido por Francis Lawrence, mesmo director de The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 e The Hunger Games: Catching Fire. É considerado o filme máis violento da franquía. As filmacións, que aconteceron relativas ás da primeira parte, comezaron no día 23 de setembro de 2013, en Boston, Atlanta. En outubro, a rodaxe migrou para Rockmart, Georgia. Despois, foron para Marriott Marquis e despois Newnan, ambos en Xeorxia.
Philip Seymour Hoffman, que facía de Idealizador rebelde Plutarch Heavensbee, faleceu o día 2 de febreiro de 2014. Daquela, Hoffman completara a rodaxe dos dous filmes, agás a última semana de rodaxe da segunda. A Lionsgate pronunciouse, dicindo que a rodaxe continuaría, e que, a última e importante escena non rodada de Hoffman filmaríase sen el, colocándoo en CGI (Common Gateway Interface), na posprodución.
Após o fin da rodaxe en Atlanta, a produción migrou para París, Francia, que no día 7 de maio de 2014, as escenas finais da rebelión foron filmadas nas rúas, cuxo elenco foi fotografado co vestiario de guerra descrito no libro.
No día 15 de maio, a produtora Nina Jacobson revelou que a última escena de Philip Seymour Hoffman non sería gravada en CGI. "Sería moi doloroso gravar sen el (Hoffman)", declarou Jacobson.
En xuño de 2015, gravouse a última escena que faltaba para facer: a escena do Epílogo. Filmouse despois do fin das gravacións pois o director Francis Lawrence quería que a escena fose gravada en plena primavera (a única estación do ano na que aínda non se gravara). Para o director foi unha escena difícil de se producir, pois o epílogo ocorre medio desconectado da historia.
Lanzamento
A estrea mundial do filme foi no día 20 de novembro, nos Estados Unidos e Angola.[3] No Brasil, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Países Baixos, Noruega, Suecia e Suíza; o filme chegou dous días antes, o 18 de novembro. Reino Unido e Portugal recibiron o filme o día 19 de novembro.[4] En Galicia e España estreouse a 27 de novembro de 2015.
O filme está dispoñíbel nos formatos 3D, RealD 3D, 4D, XD, XPLUS, IMAX 3D, 2D dixital e 2D convencional.[5]
Crítica
A franquía The Hunger Games converteu a Jennifer Lawrence en estrela mundial; a crítica di que a súa interpretación de Katniss Everdeen é o mellor do filme: "unha satisfactoria - se ocasionalmente excesivamente severo - conclusión da serie. Desta vez, Katniss lidera un exército de guerrilla para eliminar o despótico Presidente Snow (Donald Sutherland) - e descobre que algúns dentro da rebelión poden ter axendas propias. Os especialistas din que Mockingjay - Part 2 é sombrío e un pouco longo demais, pero tamén é emocionante e intelixente. Con base en 181 avaliacións o site Rotten Tomatoes deu 7,0/10 á segunda parte de Mockingjay.[6]
Notas