The Haunting é un filme de terror estadounidense dirixido por Jan de Bont que se estreou en 1999. É un remake do filme de (1963) The Haunting. Ámbolos dous filmes están baseados na novela de Shirley Jackson The Haunting of Hill House.
Dende que foi construída hai 130 anos, a casa do outeiro, un edificio gótico e tenebroso, érguese solitaria e rodeada de múltiples lendas e rumores que falan sobre mortes tráxicas. Intrigado polo pasado da mansión, o Dr. David Marlow forma un equipo con outras tres persoas: Theo, unha muller enérxica e entusiasta, Nell, unha muller sensible que acaba de escapar do control familiar, e Luke Sannerson, o cínico do grupo, para ir á deshabitada casa e realizar un estudo sobre a natureza do medo.