The Dead Don't Die é un filme estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Jim Jarmusch. Está protagonizado por Bill Murray, Adam Driver, Chloë Sevigny, Steve Buscemi, Tilda Swinton, Tom Waits, Danny Glover, Caleb Landry Jones, Rosie Perez, Iggy Pop, Carol Kane e Selena Gomez e segue ás forzas policiais dunha pequena cidade mentres combaten unha repentina invasión zombi.
Estreouse como filme de apertura do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 14 de maio de 2019. Estreouse nos cinemas de América do Norte o 14 de xuño de 2019 a través de Focus Features, e recadou 15,3 millóns de dólares. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.