O tesouro da rúa San Fernando é un conxunto de moedas imperiais romanas do século III d.C. que apareceu nesta rúa da cidade de Lugo en 1923.
Descuberta
Este tesouro foi descuberto en 1923 nas operacións de rebaixe de terras do pavimento da rúa San Fernando, fronte ao cuartel, no recanto nordés da Muralla de Lugo.[1][2][3] As moedas estaban depositadas en polo menos tres recipientes de barro de diferentes cores, cuxos restos acabaron esparexidos logo de seren esnaquizados polos traballadores coas súas ferramentas.[4]
O historiador e numismático Manuel Vázquez Seijas describía deste xeito o achado, nun artigo seu de 1929:[5]
“
|
'“Ao pé destes anacos de cerámica había unha boa cantidade de moedas romanas, medianos e pequenos bronces. O seu avanzado estado de oxidación fixo que os obreiros desprezasen o achado,
esparexéndose polas terras moitas pezas e levándose outras obreiros, soldados e cativos que se achaban presentes no momento da aparición.
|
”
|
Malia non conservarse a ficha do rexistro, unha parte do tesouro foi depositada no Museo Provincial de Lugo, e estímase que isto puido ocorrer cara a 1932.[3]
Contido
O estudo prelimminar do seu contido foi levado a cabo por Manuel Vázquez Seijas en 1929.[6] Posteriormente, Milagros Cavada Nieto fixo un estudo máis detallado en 1984,[7] revisado posteriormente sobre os 43 exemplares que en 2004 ficaban depositados no Museo Provincial de Lugo.[1] A atribución das moedas identificadas é a seguinte:[2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Balseiro García, A. (coord.) (2001)". Páxina 48.
- ↑ 2,0 2,1 "Tesorillos. a. 2.- (Lugo, ciudad)". En Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 50.
- ↑ 3,0 3,1 "A.4.- c/ San Fernando". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 770.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1929). Páxina 114.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1929). Páxina 115.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1929).
- ↑ Cavada, Nieto, M. (1984).
Véxase tamén
Bibliografía
- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Cavada, Nieto, M. (1984). “Dos tesorillos monetarios aparecidos en Galicia”. En Actas del II Congreso Galaico-Minhoto. Vol. II. Santiago de Compostela. Páxinas 181-191.
- Cavada Nieto, M. (2005). "Numismática romana en la provincia de Lugo". En Boletín do Museo Provincial de Lugo. XII, 1. Páxinas 41-70
- Vázquez Seijas, M. (1929). “Monumentos arqueológicos. Numismática”. En Lugo y su provincia, 1929, Libro de Oro. Vigo. Páxinas 114-115.
Outros artigos