O Territorio Antártico Australiano (en inglés: Australian Antarctic Territory) é a parte da Antártida reivindicada por Australia. Consta de todas as illas e os territorios ao sur dos 60 graos de latitude e entre os 45 e os 160 graos de lonxitude leste, excepto Terra Adelia. A maior parte do territorio próximo á costa ocúpaa a Terra de Wilkes. En total, o Territorio Antártico Australiano abarca uns 6 millóns de quilómetros cadrados, correspondentes ao 42 % de toda a Antártida.
O territorio continental foi reclamado por vez primeira o 24 de agosto de 1936, aínda que a primeira base australiana na Antártida, Mawson, non se estableceu ata o 11 de febreiro de 1954. Con todo, desde que Australia ratificou o Tratado Antártico, as súas reivindicacións territoriais están suspendidas. A División Antártica Australiana administra a zona, basicamente a través do apoio a varios proxectos de investigación.
O territorio divídese en nove distritos, que de oeste a leste son:
Bases activas e pechadas no territorio, de oeste a leste:
Gran Bretaña reclamou por primeira vez a Terra Vitoria o 9 de xaneiro de 1841 e a Terra de Enderby en 1930. En 1933, unha orde imperial británica transferiu o territorio ao sur dos 60° S e entre os meridianos 160 W e 45 W a Australia. Os límites coa Terra Adelia fixáronse definitivamente en 1938. En 1947, Gran Bretaña transferiu as illas subantárticas Heard e McDonald, e a Illa Macquarie ao territorio. O 11 de febreiro de 1954, a Base Mawson é instalada como a primeira base australiana no continente antártico propiamente dito.