Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Templo de Atenea Alea en Texea

Templo de Atenea Alea en Texea

Tipoxacemento arqueolóxico, templo grego, templo e ruína Editar o valor en Wikidata
Parte deTégea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura da Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
CulturaGrecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Material usadomármore Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Dedicado aAthena Alea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°27′20″N 22°25′13″L / 37.455521, 22.420416
EstadoGrecia
División administrativaadministración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas
PeriferiasPeriferia do Peloponeso
PrefecturasArcadia (unidade periférica)
ConcelloTripoli Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAlea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia
Wikidata ] C:Commons ]
Restos do templo en Texea

O Templo de Atenea Alea estaba situado na cidade de Texea, na Arcadia. Atenea Alea era a principal divindade local e diferentes templos foron construídos na cidade na súa honra, o derradeiro foi comezado en torno o ano -340.

Construción

Foi construído por Skopas pouco despois de rematar as esculturas do Mausoleo de Halicarnaso, Skopas tamén era escultor e encargouse de realizar os frontóns do templo; neles representábase a Aquiles e a Télefo loitando e máis a caza do xabarín calidonio por Atlanta.

O templo media 47,52 X 19,16 metros e a altura das súas columnas estaría sobre os nove metros, dúas ramplas de similar tamaño permitían o acceso á fachada leste e a unha gran porta na fachada norte a cal comunicaría o templo co recinto sagrado próximo. No interior atopábanse unha serie de columnas corintias acaroadas ós muros, de capiteis moi baixos e con columnas xónicas superpostas.

Restos na actualidade

Na actualidade os restos que se conservan son moi escasos, xa que un terremoto no século VI derrubou o edificio e posteriormente construíuse sobre as ruínas unha igrexa bizantina. No espazo que ocupaba quedan os cimentos e anacos das súas partes altas e columnas. Por mor da súa mala conservación é moi difícil o seu estudo.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya