O tarpán (Equus ferus ferus), tamén coñecido como cabalo salvaxe eurasiático, é unha subespecie extinta do cabalo salvaxe. O derradeiro exemplar que se cría que pertencía a esta especie morreu en catividade en Rusia en 1909, malia que algunhas voces apuntan a que non era un cabalo salvaxe xenuíno.
A comezos dos anos 1930, fixéronse numerosos intentos por recrear cabalos que se asemellaran ós tarpáns mediante a cría selectiva. As razas que resultaron foron o cabalo de Heck, o Hegardt ou cabalo de Stroebel e a raza Konik, todos os cales teñen unha aparencia primitiva, particularmente pola súa cor. Algúns destes cabalos son promocionados comercialmente como "Tarpáns". Porén, a palabra "tarpán" só podería describir a un verdadeiro cabalo salvaxe.
Nome e etimoloxía
O nome "tarpán" ou "tarpani" provén do nome de orixe kirguiz ou kazako que significa "cabalo salvaxe".[1][2] Os tártaros e cosacos distinguiron o salvaxe do cabalo silvestre; chamado Takja ou Muzin.[3][4]
Notas