Tetiana "Tania" Volodymyrivna Maliarchuk (en ucraíno: Тетяна "Таня" Володимирівна Малярчук, en alemán: Tetjana "Tanja" Wolodymyriwna Maljartschuk) nada en Ivano-Frankivsk en 1983 é unha escritora ucraína que escribe en ucraíno e, máis recentemente, en alemán.
Traxectoria
Tania Maliarchuk empezou con varios volumes de historias curtas e novelas: Ендшпіль Адольфо, або троянда для Лізи (en galego, Desenlace Adolfo ou Unha Rosa para Liza) (2004), Згори вниз. Книга страхів (en galego, De Arriba Abaixo: Libro dos Medos) (2006), Як я стала святою (en galego, Como Devín en Santo) (2006), Говорити (en galego, Para Falar) (2007), e Звірослов (en galego, O home besta) (2009). A súa primeira novela, Біографія випадкового чуда (en galego, Biografía dun Milagre Accidental), foi publicada en 2012.
Maliarchuk comezou a escribir en alemán en 2014. En 2018 gañou o Premio Ingeborg Bachmann por Frösche im Meer (Ras no Mar), un texto inédito que leu no Festival de Literatura de Lingua alemá.[1]
O seu traballo en ucraíno foi traducido a alemán desde 2009 (Neunprozentiger Haushaltsessing, Biografie eines zufälligen Wunders, ambos por Residenz Verlag). Algúns tamén foron traducidos ó inglés.[2][3] A historia curta "Eu e A miña Vaca Sagrada" foi publicada en Mellor Ficción Europea de 2013, editado por Aleksandar Hemon.[4]
Tania Maliarchuk vive en Viena.
Obras
- Ендшпіль Адольфо, або троянда для Лізи, en galego, Desenlace Adolfo ou Unha Rosa para Liza, 2004.
- Згори вниз. Книга страхів, en galego, De Arriba Abaixo: Libro dos Medos, 2006.
- Як я стала святою, en galego, Como Devín en Santo, 2006.
- Говорити, en galego, Para Falar, 2007.
- Звірослов, en galego, O home besta, 2009.
- Біографія випадкового чуда, en galego, Biografía dun Milagre Accidental, 2012.
- Забуття, en galego, Esquecemento, 2016.
- MOX NOX, 2018.
- За такі гріхи Бог ще подякує, en galego, Deus aínda agradece por tales pecados, 2020.
Recoñecementos e premios
- 2013 — «Kristal Vilenica-2013» (Eslovenia)
- 2013 — Premio literario Joseph Conrad-Korzeniowski
- 2016 — Premio ó Libro Ucraíno do Ano 2016 da BBC[5]
- 2018 — Premio Ingeborg Bachmann[6]
Notas