Taking Lives é un filme estadounidense de 2004 dirixido por D. J. Caruso e protagonizado por Angelina Jolie e Ethan Hawke. Os papeis secundarios están interpretados por Kiefer Sutherland, Olivier Martinez, Tchéky Karyo, Jean-Hugues Anglade e Gena Rowlands. É unha adaptación da novela homónima escrita por Michael Pye, e conta a historia dun asasino en serie que adopta as identidades das súas vítimas.
O filme foi rodado en Montréal e na cidade de Quebec, no Quebec. A banda sonora orixinal foi composta por Philip Glass e o tema principal foi composto por Walter Werzowa, membro do grupo electónico Edelweiss.
Estreouse nos Estados Unidos o 19 de marzo de 2004 a través de Warner Bros. Pictures, e polo xeral recibiu críticas mixtas de tendencia negativa.[2]
Personaxes
Recadación
Taking Lives recadou 32 682 342 dólares nos Estados Unidos, sumando un total de 65 470 529 dólares coa recadación internacional.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas