Billy Two Rivers (nome mohawk: Kaientaronkwen),[1] nado en Kahnawake o 5 de maio de 1935,[2] e finado o 12 de febreiro de 2023,[3] foi un loitador profesional mohawk, orixinario do Canadá. Comezou a loita profesional en 1953 e competiu ata 1977. Durante a súa carreira, loitou nos Estados Unidos, no Reino Unido, no Xapón e no Canadá.
Despois do seu retiro da loita profesional, converteuse no líder dos mohawk da reserva de Kahnawake. Tamén aparece en numerosos filmes como Black Robe (1991) ou Taking Lives (2004).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas