Santiago de Tabeirós é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 344 habitantes (194 mulleres e 150 homes), distribuídos en 13 entidades, o que supón unha diminución respecto do ano 1986 cando tiña 603 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 561 persoas.
Patrimonio
- Igrexa de Santiago de Tabeirós, románica. Ten nave de ábsida rectangular con contrafortes e canzorros, que destacan polas súas orixinais esculturas. Cando se realizaron obras de restauración, en 1998, atopáronse unha ara orixinal románica e pinturas do século XVI.
- Peto de ánimas de Tabeirós.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Tabeirós
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos