San Pedro de Orazo é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña unha poboación de 327 persoas (185 mulleres e 165 homes), distribuídos en 11 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 489 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 407 persoas.
Patrimonio
- Igrexa de San Pedro de Orazo, románica. A igrexa primitiva foi doada a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, quedando seis pedras de cantería con inscricións. De planta basilical, de tres naves e unha ábsida de planta cuadrangular. Os muros de separación das naves conservan case intacta a obra orixinal do século X.
- Casa de Ulloa.
- Hórreo de Baldarís.
- Cruceiro da igrexa.
Eventos
En maio celébrase a festa de santa Lucía, e a finais de xuño celébrase san Pedro. En verán celébrase o festival Manguel Folk, e no mes de novembro lévanse a cabo unhas xornadas micolóxicas. Outros eventos celebrados cada ano son o entroido ou o magosto.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Orazo
Parroquias da Estrada
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos