O T-35 foi un carro de combate pesado soviético con múltiples torretas do período de estreguerras e de principios da segunda guerra mundial. Tivo unha produción moi limitada co Exército Vermello, fabricándose unicamente 61 exemplares. Foi o único carro de combate pesado con cinco torretas en acadar a fase de produción no mundo, pero demostrou ser lento e pouco fiable mecanicamente. A meirande parte dos T-35 aínda operativos durante a Operación Barbarossa perdéronse debido a fallos mecánicos en ve de pola acción do inimigo. Exteriormente era grande, pero os espazos do interior eran estreitos e cos compartimentos de combate separados, e algunhas da torretas tapaban os zapóns de acceso.