Só ante o perigo (en inglés: High Noon) é un filme estadounidense de 1952 do xénero de western, dirixido por Fred Zinnemann e interpretado por Gary Cooper, Grace Kelly, Lloyd Bridges, Katy Jurado e Thomas Mitchell. O filme desenvólvese en tempo real, coa montaxe de varios reloxos que marcan o paso do tempo intercalados entre as escenas de tensión.
Gañou catro premios Oscar de sete candidaturas e catro premios Globo de Ouro de oito candidaturas. Recibiu o posto 33 na lista de mellores filmes estadounidenses do American Film Institute.
Foi emitido na TVG o 3 de novembro de 2007.[3]
Argumento
Will Kane, o shériff de Hadleyville, casou coa cuáquera Amy e prepárase para cambiar de cidade. Durante os preparativos da mudanza, óuvese que Frank Miller, un home que Kane arrestara, saíra da prisión e chegaría no tren do mediodía para vingarse del. A banda de Miller agárdao na estación para axudalo a cumprir o seu desexo.
Kane e a súa dona deixan a cidade, mais logo el decide volver, perturbado pola súa conciencia. Kane conta con que os seus amigos e veciños o axuden contra a banda de catro homes, mais para a súa sorpresa ninguén quere verse envolveito na rifa e mesmo o seu mellor amigo e axudante, Harvey Pell, o deixa só e a súa esposa ameaza con marchar sen el. Só a súa ex-namorada Helen Ramirez intenta axudalo.
Elenco
Notas
- ↑ Champlin, C. (1966, Oct 10). Foreman hopes to reverse runaway. Los Angeles Times (1923-Current File) Retrieved from http://search.proquest.com/docview/155553672
- ↑ Tino Balio, United Artists: The Company That Changed the Film Industry, University of Wisconsin Press, 1987 p. 47
- ↑ La Voz de Galicia, 3 de novembro de 2007. Páx. 59
Véxase tamén
Bibliografía