Os módulos Spacehab foron deseñados, desenvolvidos e comercializados pola empresa do mesmo nome, hoxe Astrotech Corporation. Spacehab Inc. foi fundada por Bob Citron en 1982 en Houston, Texas e considérase a única compañía privada en desenvolver con éxito un módulo espacial comercial habitable.[1][2]
O primeiro módulo desenvolveuse a partir do módulo Spacelab da Axencia Espacial Europea e tiña unha masa de 5000 kg e un volume presurizado de 28,3 m3 para acomodar experimentos e tripulación. Debido aos acordos da NASA coa ESA o primeiro módulo Spacehab non voou ata 1993, na misión STS-57.[1][2]
Notas
↑ 1,01,11,2Mark Wade (2021). "Spacehab"(en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2021.
↑ 2,02,12,2Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle"(en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2021.