A Sociedade Portuguesa de Numismática (SPN) é unha entidade asociativa de carácter cultural, instituída na cidade portuguesa do Porto en 1952, que ten como obxectivo a promoción e o desenvolvemento da investigación numismática e do coleccionismo de moedas.[1]
Historia
Nacemento
A idea da creación do que despois sería a Sociedade Portuguesa de Numismática xurdiu no seo dos coloquios promovidos no Café Flórida, do Porto, por un grupo de persoas afeccionadas á numismática e de coleccionistas de moedas. O 29 de maio de 1950, este grupo constituíuse como comisión fundadora dunha asociación numismática chamada, nas súas orixes, Instituto Numismático de Portugal, que xa o 31 de maio dese mesmo ano cambiou o nome a Associação Numismática de Portugal. O 5 de xullo de 1950, a comisión organizadora da nova entidade, presidida por Mário Rodolfo Revisioni Ramires aprobou a denominación definitiva de Sociedade Portuguesa de Numismática, que quedou constituída formalmente coa aprobación dos seus estatutos e co seu rexistro o día 12 de marzo de 1952. Na primeira asemblea xeral da nova sociedade, os días 15 e 17 de abril de 1952, elixiuse a súa primeira directiva, presidida por José de Barros da Rocha Carneiro, que estivo no cargo ata xaneiro de 1954.[2]
No artigo primeiro dos estatutos da Sociedade Portuguesa de Numismática establécense como obxectivos a promoción de estudos numismáticos de carácter científico, o fomento da afección pola numismática, a colaboración con outras entidades para a salvagarda dos achados numismáticos, o establecemento de ligazóns con outras institucións semellantes doutros países e, finalmente, a edición dunha revista ilustrada que estude o patrimonio numismático e medallístico de Portugal. Con estes propósitos, a Sociedade Portuguesa de Numismática levou a cabo a publicación dun bo número de monografías e varias publicacións periódicas, dispuxo para os seus asociados unha importante biblioteca especializada e organizou diversos eventos numismáticos.[2]
Sede
A súa primeira sede, de carácter provisional, era nunhas modestas instalacións das rúas de São Francisco e Santa Catarina, mais en 1972 pasou a ter unha sede propia definitiva, coa adquisición dun edificio no número 664 da rúa de Costa Cabral, unha casa burguesa de finais do século XIX, onde a sociedade instalou os seus servizos administrativos, a biblioteca, o museo, as salas de xuntas e outros espazos onde os asociados efectúan os seus intercambios e outras actividades diversas.[2]
Eventos numismáticos
Ao longo da súa historia, a SPN organizou ou participou na organización de diversos encontros científicos, ciclos de conferencias e exposicións, entre os que cabe salientar os seguintes:[2][3]
Recoñecementos
Museo e biblioteca
Museo
A Sociedade Portuguesa de Numismática conta cun museo, en constante ampliación e reformulación, que amosa o acervo numismático e medallístico da entidade, reunido ao longo das súas máis de seis décadas de existencia. A colección constituíuse fundamentalmente á base de doazóns dos seus asociados, entre as que merecen ser destacadas as de tres dos seus fundadores: José de Barros, o primeiro presidente, cuxa doazón constitúe a base da colección de moeda antiga da SPN; Eduardo Niepoort, que legou a súa importante colección de medallas sobre o Porto; e o coronel Mário Ramires, a quen se lle debe un nutrido conxunto de moedas portuguesas.[5]
Biblioteca
A Biblioteca da SPN está conformada por un amplo conxunto de monografías que cobre practicamente todos os períodos e todas as áreas temáticas da numismática e da medalística, entre as que destaca a relativa a Portugal e as súas antigas colonias. A este fondo hai que sumarlle as revistas de numismática, arqueoloxía e historia editadas por entidades científicas portuguesas e estranxeiras, ademais dun conxunto de catálogos de poxas de moedas publicados en todo mundo por empresas de comercio numismático.[6]
Presidentes da SPN
Esta é unha listaxe dos presidentes da entidade desde a súa fundación:[2]
- José de Barros da Rocha Carneiro (17 de abril de 1952 - 15 de xaneiro de 1954).
- Damião António Peres (15 de xaneiro de 1954 - 16 de decembro de 1955).
- Eduard Marius Van der Niepoort (16 de decembro de 1955 - 21 de febreiro de 1960).
- Gualter Rodrigues (21 de febreiro de 1960 - 16 de xaneiro de 1962).
- Raul Ferreira Gonçalves (16 de xaneiro de 1962 - 2 de xaneiro de 1968).
- Armando Nery Teixeira (2 de xaneiro de 1968 - 11 de xullo de 1968).
- Ilídio Araújo (11 de xullo - 22 de decembro de 1968).
- Valdemar Cordeiro (22 de decembro de 1968 - 16 de febreiro de 1970).
- Raul Gonçalves (16 de febreiro de 1970 - 14 de decembro de 1971).
- Mário Santos de Almeida (14 de decembro de 1971 - decembro de 1983).
- Carlos Morais Peixoto Braga (decembro de 1983 - decembro de 1985).
- Jorge Valladares Souto (decembro de 1985 - 30 de xuño de 2012).
- Rui Manuel Sobral Centeno (desde o 30 de xuño de 2012).
Publicacións
Periódicas
Monografías
Á parte das súas publicacións periódicas, a Sociedade Portuguesa de Numismática levou a cabo un prolífico labor editorial desde o mesmo ano da súa fundación. Esta é só unha mostra dalgunhas das decenas de monografías publicadas pola Sociedade:[10]
- (1952): Do Paço, A. Citânia de Sanfins.
- (1952): Da Costa Couvreur, R. Moedas de D. Miguel I : um ensaio inédito de peça, de 1829.
- (1953): Hanitsch, K. R. A propósito dum segundo conjunto de moedas de Malaca.
- (1953): Da Costa Couvreur, R. Moedas de duvidosa autenticidade existentes no Statens Historisca Museum de Stockholm.
- (1955): Ramires, M. O tesouro de Antoninianos das Fragas do Piago.
- (1955): Pinto Garcia, L. Da colecção monetária de Mr. Shore.
- (1956): Folgosa, J. M. As moedas da África Oriental portuguesa: Moçambique.
- (1957): Batuwantudave, N. Numismática Indo-portuguesa.
- (1958): Leite de Vasconcelos, J. Nomenclatura numismática.
- (1959): De Almeida Ribeiro, F. Uma hipotese-- ; uma tese--.
- (1960): Garcia, E. Um triente inédito de Chindasvinto batido em Barbi.
- (1963): Prazeres Maranhão. Diccionario numismografico luzitano, em que se descrevem as moedas antigas de Portugal.
- (1965): Pinto Garcia, L. Descrição das moedas de Angola e S. Tomé e Príncipe.
- (1968): Brazão, A. Pedro Batalha Reis, grande luminar da numismática nacional.
- (1972): De Castro Hipólito, M. A Exposicão Numismática de Museu Gulbenkien.
- (1974): Mateu i Llopis, F. Évora ceca visigoda.
Publicadas como anexo de NVMMVS:[11]
Notas
- ↑ "A SPN". No sitio web da SPN.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Historia". No sitio web da SPN.
- ↑ Roma Valdés, A. (2016). Páxina 184.
- ↑ 4,0 4,1 "Congressos de numismática no Brasil". En Schroeder, C. (2004). "Sociedade Numismática Brasileira. 80 anos". En Boletim da Sociedade Numismática Brasileira. Nº 54. Páxinas 52-56.
- ↑ "Museu". No sitio web da SPN.
- ↑ "Biblioteca". No sitio web da SPN.
- ↑ "Nummus". No sitio web da SPN.
- ↑ 8,0 8,1 Roma Valdés, A. (2016). Páxina 180.
- ↑ "A Permuta". No sitio web da SPN.
- ↑ "Publicações da Sociedade Portuguesa de Numismática". En Worldcat.
- ↑ "Anexos Nvmmvs". No sitio web da SPN.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
Ligazóns externas
Asociacións relacionadas coa numismática |
---|
Ámbito internacional | |
---|
Europa | |
---|
América | |
---|
Asia, África e Oceanía | |
---|
Véxase tamén | |
---|