A Sociedad Deportiva Club Órdenes, coñecido como Club Ordes, é un club de fútbol galego de Ordes, na provincia da Coruña. Foi fundado en 1953 e actualmente xoga no Grupo Norte da Preferente Galicia.
A Sociedad Deportiva Club Órdenes fundase en 1953, con Antonio Concheiro Iglesias como presidente. O equipo empezou en categorías rexionais e conseguiu o primeiro ascenso a Terceira División na tempada 1955-56. Na tempada 1958-59, acabou 5º e estivo moi preto dos postos de ascenso a Segunda División. O club permaneceu nesta categoría ata a tempada 1960-61, na que descende tras acabar 15º.
Tras o descenso, o club xogou en categorías rexionais e conseguiu ascender a Terceira na tempada 1966-67, descendendo novamente na tempada seguinte. Na tempada 1969-70 o club queda instalado na recentemente creada Rexional Preferente. Na tempada 1988-89 ascendeu novamente e permaneceu en Terceira seis tempadas consecutivas.
No ano 1998 o club descende a Primeira Autonómica pero Manuel Antonio Fernández Liñares proponse recuperar o equipo e no ano 2000 o club volta a Rexional Preferente. Ata a tempada 2005-06 o club permanece nesta categoría, cando logra o ascenso tras ser campión de grupo.
Desde entón o club xoga en Terceira e na tempada 2006-07 o club rozou novamente a zona de promoción de ascenso quedando 5º.
O Club Ordes xoga no Campo Municipal de Vista Alegre, con capacidade para unhas 3.000 persoas.