A Sociedad Deportiva Amorebieta (en éuscaro: Amorebieta Kirol Elkartea) é un club de fútbol español de Amorebieta-Etxano, en Biscaia. Foi fundado en 1925 e actualmente xoga no grupo I da Primeira División RFEF, categoría á que descendeu na tempada 2021–22 desde a Segunda División.
Desde 2002 a SD Amorebieta xoga no Nuevo Urritxe, que posúe unhas dimensións de 102x64 metros e unha capacidade aproximada de 3.000 espectadores. Anteriormente xogaba no Campo Municipal de Urritxe, que foi derribado para construír o novo.