O Sistema Central é unha cordilleira situada no centro da Península Ibérica que ten unha orientación oeste-leste na súa metade oeste, e orientación suroeste-nordés na súa metade este. Ten unha lonxitude aproximada de 600 km e vai desde o centro de Portugal ao Sistema Ibérico, situado no centro-nordés de España.
A maior elevación do sistema é o pico Almanzor (2.592 m), situado na Serra de Gredos. As montañas do Sistema Central teñen unha prominencia media de 1.200 metros e unha base que oscila dos 500 a 1.200 metros.