Silvino González García, nado en Ribadavia, foi un político galego.
Traxectoria
Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde do Porriño en febreiro de 1924.[1] Cesou no cargo en decembro de 1927. Foi presidente da Sociedad de Agricultores de Porriño en 1930.[2] Na Segunda República foi elixido concelleiro.[3] Foi presidente da Federación Agraria de Porriño en 1932.[4] Logo da destitución de Marcial Peralba Fontáns, foi elixido alcalde do Porriño en 1933.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-2-1924, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 18-9-1930, p. 8.
- ↑ El Tea, 3-10-1931, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-8-1932, p. 7.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas