Sigmar Polke |
|
Nacemento | 13 de febreiro de 1941 Oleśnica, Polonia (pt) |
---|
Morte | 10 de xuño de 2010 (69 anos) Colonia, Alemaña |
---|
Causa da morte | cancro |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério Melaten (pt) |
---|
Grupo étnico | Pobo silesiano |
---|
Educación | Kunstakademie Düsseldorf (en) |
---|
|
Campo de traballo | Pintura |
---|
Lugar de traballo | Willich Colonia Düsseldorf Hamburgo |
---|
Ocupación | fotógrafo, artista gráfico, gravador, debuxante, artista de instalacións, escultor, deseñador, pintor, artista visual |
---|
Período de actividade | 1961 - 2010 |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Realismo capitalista (pt) , social-artistic project (en) , Natureza morta, arte figurativa e Arte abstracta |
---|
Movemento | Arte pop |
---|
Representante | David Zwirner Gallery (en) , Artists Rights Society e Skarstedt Gallery (en) |
---|
|
|
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
30 de xuño de 1972 | Documenta 5 (pt) |
|
|
Fillos | Anna Polke |
---|
Irmáns | Wilfrid Polke Johannes Polke |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, National Gallery of Art Library Vertical Files (en) |
---|
|
Sigmar Polke, nado en Oleśnica (Baixa Silesia) o 13 de febreiro de 1941 e finado en Colonia o 10 de xuño de 2010, foi un pintor alemán e fotógrafo posmoderno, dentro da arte pop.[1]
Traxectoria
Polke naceu en Oels, na Baixa Silesia. Emigrou coa súa familia a Alemaña Occidental en 1953, viaxando primeiro a Berlín Occidental e despois a Düsseldorf. Traballou como aprendiz de pintura sobre vidro nun taller de Kaiserwerth (Düsseldorf). De 1961 a 1976 estudou na Academia de Arte de Düsseldorf, onde foron os seus profesores Karl Otto Götz, Gerhard Hoehme e Joseph Beuys.
En 1963 fundou, con Gerhard Richter e Konrad Lueg, o realismo capitalista, unha tendencia pictórica dentro da arte pop. Era un estilo antiarte que se apropiaba da linguaxe da publicidade. Este título está relacionado co realismo socialista, a doutrina artística oficial da Unión Soviética. Trata de forma irónica a doutrina artística do capitalismo occidental, vencellada á sociedade de consumo.
As súas obras son o reflexo irónico da manipulación dos medios. Emprega elementos da pintura moderna pero tamén da cultura de masas, como o kitsch ou a publicidade. Realizou cadros nos que, cun tratamento espacial, cambian de cor cando reaccionan á contaminación ambiental. A partir de 1965 realiza variacións de obras de autores como Albrecht Dürer ou Wassily Kandinsky, imitacións de obras d`arte povera e conceptuais. En 1991 creou a súa serie Neue Bilder (New Images).
O elemento anarquista da súa obra débese en gran medida ao enfoque mercurial. A súa irreverencia cara ás técnicas pictóricas tradicionais e os seus materiais e a súa falta de lealdade a calquera forma de representación contribuíron á súa reputación como revolucionario visual.
Polke iniciou unha serie de viaxes polo mundo ao longo dos anos 70, facendo fotografías en Paquistán, París, Nova York, Afganistán e Brasil.
Foi profesor na Escola de Belas Artes de Hamburgo en 1970-1971 e 1977-1991. Traballou na documenta de Kassel V-VII (1972-1982).
En 1987 instalouse en Colonia, onde traballou ata a súa morte en 2010, por complicacións dun cancro.
Notas