Sigeheard foi rei de Essex xunto co seu irmán, Swaefred, desde 694 a 709, tras suceder ao seu pai Sæbbi.
Traxectoria
En 705, afastáronse do rei Ine de Wessex por amparar os seus rivais ao trono. No Sínodo de Brentford, estiveron de acordo en desterrar os rivais de Essex a cambio de que o rei Ine prometese non atacar Essex. A cronoloxía exacta dos derradeiros anos do seu goberno é incerta. Non se sabe se gobernaron xuntos até 709 ou se Swaefred morreu antes desa data.
Sigeheard xunto con Cenred de Mercia confirmou a compra de Fulham a Tyrhtel (Thyrtell), bispo de Hereford por Waldhere (Waldherus), bispo de Londres[1] (documento S1785).
En 709, Offa, o fillo de Sigeheard foi brevemente gobernante conxunto de Essex e sucedeunos como gobernante de Essex, pero máis tarde abdicou e viaxou co rei Cenred de Mercia a Roma.
Notas
- ↑ Frank Stenton, Anglo-Saxon England (OUP, terceira Edición, reeditada en 2001)
Véxase tamén
Bibliografía
- Lee, Sidney, ed. (1897). "Sighard". Dictionary of National Biography. 52. Londres: Smith, Elder & Co.
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Orixes | |
---|
século VII | |
---|
século VIII | |
---|
século IX | |
---|