Offa foi rei de Essex, tras a morte do seu pai Sighere, o 709, pero abdicou pouco despois para ir a Roma como un peregrino.
Traxectoria
Na Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Beda describe dicindo que era: "Un home novo, na mellor idade e de gran beleza, que tivo o apoio da súa nación enteira para ser rei. Pero el, movido pola súa devoción, deixou a súa esposa, a súa terra, os seus fillos e o seu país para atoparse con Deus e o evanxeo, que el quería recibir totalmente na vida e tamén na vida eterna tras a morte. Cando visitou lugares sagrados en Roma, fíxose tonsurar e adoptou a vida monástica, co fin de acadar a longamente desexada visión dos benditos apóstolos no ceo[1]". Nesta viaxe foi acompañado por Coenred de Mercia que tamén renunciou ao título de rei, pero a diferenza de Offa, Coenred levaba anos no cargo. No Liber Pontificalis, un libro que conta a historia dos acontecementos durante os diferentes papados, describe a chegada destes dous reis saxóns, e que morreron alí.
Consérvase unha carta de doazóns de terras en Warwickshire (S64) atribuída a el, aínda que el é descrito como rei de Mercia no canto de rei de Essex[4]. Poderíase tratar dunha copia mal feita dunha auténtica feita en conxunto con Coenred de Mercia[5]. Houbo outra carta (probabelmente auténtica) que xa non se conserva (S1784) na que Offa fixo unha doazón de terras da cidade de Hemel Hempstead para o bispo de Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Allen, Grant (2014). Early Britain: Anglo-Saxon Britain. The Floating Press.
- Kirby, D P (2000). The Earliest English Kings. Psychology Press.
- Lappenberg, Johann Martin (1845). From earliest times to 800. Murray.
- Mommsen (trad.), Theodor (1898). Liber Pontificalis.
- Thorpe, Benjamin (1845). "Genealogy of the Kings of Essex". A History of England under the Anglo-Saxon Kings, volume 1.
- Yorke, Barbara (1985). "The Kingdom of the East Saxons". Anglo-Saxon England 14.
- Yorke, Barbara (1990). Kings and Kingdoms of Early Anglo-Saxon England. Londres: Routledge. ISBN 1-85264-027-8.
|
---|
Orixes | |
---|
século VII | |
---|
século VIII | |
---|
século IX | |
---|