Jessica García Romero, coñecida literariamente como Sica Romero,[1] nada en Carnota o 23 de abril de 1995, é unha escritora e guía de museo galega.
Traxectoria
Grao en Historia da arte (2018), especializouse en xestión de patrimonio, museística e mercado da arte (2019), e ten tamén un mestrado en Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia (2021).[2] Ten traballado como correctora editorial, guía de museos ou auxiliar de sala,[3] como por exemplo no MUSAC de León. É colaboradora na sección de literatura do Diario Cultural da Radio Galega e bibliotecaria na Biblioteca de Galicia. A súa primeira novela, Avelaíñas eléctricas, caracterízase por estar escrita no galego dialectal da Costa da Morte.[4]
Obra
Obras colectivas
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas