Shayda é un filme australiano de 2023 escrito, dirixido e coproducido por Noora Niasari. O filme está protagonizada por Zar Amir Ebrahimi, Osamah Sami, Mojean Aria, Jillian Nguyen, Rina Mousavi, Selina Zahednia e Leah Purcell. Inspirada nas experiencias da infancia de Niasari, a historia conta a vida dunha inmigrante iraniana en Australia que está a criar á súa pequena filla mentres vive nun refuxio de mulleres. Ademais intenta divorciarse do seu marido abusivo que está en Irán.
Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2023, e nos cinemas de Australia o 5 de outubro de 2023. Foi escollido como candidato australiano para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos