O Sexto Home do Ano da NBA (en inglés: NBA Sixth Man of the Year Award) o recibe o mellor xogador dun equipo da National Basketball Association (NBA) que sae dende o banco a xogar nos partidos. O gañador é seleccionado por un grupo de periodistas deportivos tanto dos Estados Unidos como no Canadá, votando cada un polo primeiro, segundo e terceiro posto. Cada elección na primeira praza conta 5 puntos, na segunda son 3 e na terceira 1. O xogador coa maior suma de puntos totais, a pesar do número de votos na primeira posición, gaña o galardón. Para ser elixible, o xogador ten que disputar máis partidos saíndo dende o banco que de titular.