Sesshū Tōyō

Modelo:BiografíaSesshū Tōyō

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 雪舟 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1420 Editar o valor en Wikidata
Provincia de Bitchū (Shogunato Ashikaga) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de agosto de 1506 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Masuda (Shogunato Ashikaga) Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Yamaguchi
Toquio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbhikkhu, pintor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresTenshō Shūbun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Sesshū Tōyō (雪舟等楊?), nado na provincia de Bitchū en 1420 e finado o 26 de agosto de 1506, tamén coñecido como Tōyō, Unkoku ou Bikeisai, foi un pintor xaponés, un dos principais expoñentes do suibokuga (pintura con tinta), e un monxe budista zen. Está considerado un dos mestres da pintura xaponesa.

Traxectoria

Naceu dentro do clan Oda, na provincia de Bitchū (actual prefectura de Okayama). Converteuse en monxe zen en 1431 e estudou no templo Hōfuku-ji, na cidade de Sōja. En 1440 trasladouse ao templo Shōkoku-ji en Kyoto, onde continuou os seus estudos zen e aprendeu pintura co monxe Shūbun. Nesta etapa imitou as técnicas dos pintores paisaxistas da China da dinastía Sung, como Ma Yuan e Xia Gui.

Durante a década de 1460, trasladouse a un templo budista zen en Yamaguchi e en 1467 realizou unha misión de dous anos á China, acudindo á corte imperial en Pequín, onde logrou pintur un mural no palacio. Durante a súa estadían na China acudiu a varios mosteiros zen chineses.

Ao seu regreso ao Xapón en 1469, conseguiu mellorar as súas composicións baseadas no estilo chinés, que eran máis racionais e tiñan maior intensidade e solidez nas súas pinturas cás do seu mestre, consideradas máis incoherentes e poéticas. Con Sesshū substituíuse o tema do baleiro na pintura zen xaponesa, incorporándose montañas, árbores, ríos, templos e persoas nas pinturas, elementos da dinastía Ming. Nesta etapa pintou biombos, pergamiños, paisaxes e figuras zen.

En 1476, fundou un estudio preto da prefectura de Ōita chamado Unkoku-an (雲谷庵?), onde ensinou pintura. Durante os seus últimos anos viaxou arredor do Xapón.[1]

Pinturas

Existen seis obras que están debidamente acreditados a Sesshū, todas designadas como Tesouros Nacionais. Existen outras obras atribuídas a el, mais non están corroboradas. Entre as súas pinturas están o Rolo da longa paisaxe, a Vista de Ama-no-Hashidate, os biombos Flores e cimbro e Falcóns e garzas.

Os traballos de Sesshū atópanse no Museo Nacional de Toquio,[2] a Galería Freer de Arte en Washington, D.C. e o Museo de Belas Artes de Boston.

Continuadores

A técnica de Sesshū foi continuada por Bunsei, Shengon e Soga Rasoku, fundador da escola Soga de pintura.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!