Segundo Mariño Vázquez, nado en Pontevedra o 28 de maio de 1942 e finado en Vigo o 9 de novembro de 1992, foi un xornalista galego.
Traxectoria
Traballou en El Pueblo Gallego. Foi delegado de La Voz de Galicia en Vigo na década dos setenta. Foi fundador e ía ser o primeiro director do Diario de Galicia. Dirixiu Diario 16 de Galicia ata 1990 e despois La Voz del Tajo. Foi presidente da Asociación da prensa de Vigo. Finou en Vigo o 9 de novembro de 1992 a consecuencia dun cancro.[1]
Recoñecementos
- Unha rúa de Vigo leva o seu nome dende 1994.[2]
- Premio xornalístico Enrique H. Botana en 1996, a título póstumo.
Vida persoal
Casou con María del Carmen Parada e foi pai de Santiago e Ana Mariño Parada.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 10-11-1992, p. 65, 67.
- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 24-12-1994, p. 39