Sebastián Rodríguez Veloso

Modelo:BiografíaSebastián Rodríguez Veloso
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Cádiz, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadador Editar o valor en Wikidata
Deportenatación Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaS5 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Paralímpicos de Londres 2012
setembro de 2008Jogos Paralímpicos de Verão de 2008 (pt) Traducir
setembro de 2004Jogos Paralímpicos de Verão de 2004 (pt) Traducir
outubro de 2000Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porasasinato Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4841274
Cadro de medallas
Natación
Xogos Paralímpicos
Ouro Sidney 2000 50 m estilo libre S5
Ouro Sidney 2000 100 m estilo libre S5
Ouro Sidney 2000 200 m estilo libre S5
Ouro Sidney 2000 4×50 m estilo libre 20 pts
Ouro Sidney 2000 4×50 m estilos 20 pts
Ouro Atenas 2004 50 m estilo libre S5
Ouro Atenas 2004 100 m estilo libre S5
Ouro Atenas 2004 200 m estilo libre S5
Prata Pequín 2008 200 m estilo libre S5
Prata Pequín 2008 4×50 m estilo libre 20 pts
Prata Londres 2012 50 m estilo libre S5
Prata Londres 2012 200 m estilo libre S5
Bronce Pequín 2008 50 m estilo libre S5
Bronce Pequín 2008 4×50 m estilos 20 pts
Bronce Londres 2012 100 m estilo libre S5

Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como Chano Rodríguez, nado o 27 de febreiro de 1957 en Cádiz e veciño de Vigo, é un nadador multimedallista paralímpico español, ex-membro dos GRAPO.

Traxectoria

Como membro do grupo terrorista Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre participou en varios atentados, incluíndo ataques con explosivos e o asasinato en 1984 de Rafael Padura, presidente da Confederación de Empresarios de Sevilla, feitos polos que en 1985 foi condenado a 103 anos de cadea.[1]

Estando en prisión, en 1990 fixo unha folga de fame de máis de catrocentos días que lle causaría graves problemas de saúde, ata o punto de provocarlle a falta permanente de mobilidade en ambas pernas, discapacidade que padece dende aquela, feito que suporía a súa excarceración en liberdade condicional en novembro de 1994.[2]

Trasladouse a Vigo, onde comezou a traballar vendendo o cupón da ONCE e a practicar natación, disciplina na que acadaría moitos éxitos, incluíndo quince medallas en varias edicións dos Xogos Paralímpicos (oito de ouro, catro de prata e tres de bronce) e outras moitas vitorias en cinco convocatorias dos campionatos do mundo de natación IPC.[3]

Un Real Decreto do Consello de Ministros do Goberno de España indultouno en abril do ano 2007.[1][4] e en 2009 a Ministra de Educación concedeulle o ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo, na categoría de Medalla de Ouro.[5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!