Scream Queens é unha serie de televisión estadounidense de comedia negra e satírica que se estreou en Fox dende o 22 de setembro de 2015 até o 20 de decembro de 2016. A serie foi creada por Ryan Murphy, Brad Falchuk e Ian Brennan, e foi producida por Murphy, Falchuk, Brennan e Alexis Martin Woodall, e por 20th Century Fox Television, Ryan Murphy Productions, Brad Falchuk Teley-vision e Prospect Films. A primeira tempada está protagonizada por Emma Roberts, Skyler Samuels, Lea Michele, Glen Powell, Diego Boneta, Abigail Breslin, Keke Palmer, Oliver Hudson, Nasim Pedrad, Billie Lourd e Jamie Lee Curtis, xunto con Niecy Nash, Ariana Grande e Nick Jonas nos papeis secundarios. A acción ten lugar na universidade ficticia de Wallace, e foi filmada na universidade de Tulane en Nova Orleáns, Luisiana. Conta a historia dunha irmandade, Kappa Kappa Tau (KKT), que é o obxectivo dun asasino en serie que usa como disfrace a mascota da universidade, un demo vermello.[2]