Santoral

San Martiño, patrón de Ourense

O santoral é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión relixiosa, principalmente falando das cristiás, extensible tamén ó calendario litúrxico no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun santo ou outra figura relixiosa. O calendario actualmente usado pola Igrexa católica, o calendario romano xeral, é unha versión modificada do costume paleocristián de conmemorar a morte dos mártires no seu aniversario. Coa continua canonización de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxe en día tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados confesores, en contraposición ós testemuños ou μαρτυρες—), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a Pascua, o Pentecoste ou a Epifanía, relacionadas con eventos da vida de Xesús e a historia eclesiástica.

Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "noite de san Xoán". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou bautismo. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou ortodoxa, consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou onomástica.

A lista mencionada no santoral da Igrexa católica non presenta necesariamente coincidencia coas das outras cristiás, en concreto das do anglicanismo, calvinismo, luteranismo, presbiterianismo e en xeral das igrexas da Reforma, e proceden fundamental e inicialmente do chamado Martiroloxio. O santoral comprende diversos tipos ou niveis de santidade: beatos, mártires, santos, anxos, arcanxos etc.

Condicións para entrar no santoral

Avogacías

Ben sabido é que san Francisco de Asís protexe os animais, que santa Icía (santa Cecilia) a música, santa Bárbara os artilleiros e san Xoán Bosco o cinema. Trátase dunha asociación pagá, utilizada pola Igrexa para cristianizar os cultos antigos ou para fomentar o culto católico. Moitas destas avogacías reflíctense na representación habitual do santo, e unha posible clasificación dividiría entre as proteccións físicas (mesmo partes do corpo) e as abstractas.

Outras imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!