Santiago de Querétaro é a capital do estado mexicano de Querétaro e capital do concello de Querétaro.
Historia e características
A cidade fundouse o 25 de xullo de 1531 (o día do apóstolo Santiago, de aí o seu nome). O xentilicio dos seus habitantes é queretano. O nome colonial orixinal foi "Santiago de Querétaro", pero despois da Independencia de México quedou só en "Querétaro" ou "Cidade de Querétaro". Así e todo, logo do seu nomeamento en 1996 como Patrimonio Cultural da Humanidade, retornou ao nome orixinal de "Santiago de Querétaro". O nome orixinal en purépecha era "K'erhiretarhu" ou "K'erendarhu" o lugar de pedras grandes, e o seu nome en otomí é "Nda Maxei" e no náhuatl é Tlachco; todos os topónimos indíxenas significan en galego lugar do xogo de pelota.[Cómpre referencia]
O municipio de Querétaro, con 926.495 habitantes en 2010 (segundo o INEGI), era o segundo máis poboado da Macro Rexión do Bajío, despois de León de los Aldama. A nivel nacional, era a undécima Zona Metropolitana máis poboada.