Santiago de Rabeda é unha parroquia situada ó sueste do concello de Taboadela. Os núcleos de poboación máis importantes son: Pereiras-Venda do Río, Abeledo, Pazos, Silvoso e Silvosiño. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 311 habitantes (162 homes e 149 mulleres).
Pola parte norte da parroquia discorre o río Barbaña; pola parte sur temos un monte con bosque autóctono, o monte Jandasela en cuxo cume está a aldea de Santa Mariña de Augas Santas.
No ano 2003 creouse a asociación de veciños A Rabeda, con sede na antiga escola unitaria. O seu presidente é Antonio Blanco, veciño de Pazos.
Conta cunha igrexa do século XVIII na que se atopa unha valiosa talla do apóstolo Santiago.
Abeledo | Pazos | Pereiras | A Rectoral | Silvosiño | Silvoso | A Venda do Río
O Mesón de Calvos (Santa María) | Santiago da Rabeda (Santiago) | Soutomaior (Santiago) | Taboadela (San Miguel) | Torán (Santa María) | A Touza (San Xurxo)