Santiago Tirado Serén, nado en Cambados o 16 de decembro de 1939, é un político e mestre galego do PPdeG.
Traxectoria
Mestre en Vilanova. Foi elixido concelleiro por AP en Cambados nas municipais de 1983, sendo portavoz deste grupo na oposición trala renuncia de Ramón Peña. Nas municipais de 1987 foi número 2 de AP, e trala vitoria por maioría absoluta desta formación foi primeiro tenente de alcalde. Os diversos problemas de saúde do alcalde Antonio Pillado supuxeron que asumise a alcaldía de modo accidental de forma practicamente ininterrompida a partir de 1988. En marzo de 1990 asumiu oficialmente a alcaldía, trala renuncia definitiva de Pillado Montero. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde ó revalidar o PPdeG unha ampla maioría absoluta cun 63 % dos votos. Nas municipais de 1995 volveu ser reelixido con maioría absoluta. En maio de 1998 presentou a súa dimisión como alcalde, pero mantendo a acta de concelleiro, sendo substituído por José Manuel Cores Tourís. Así mesmo, foi deputado provincial entre 1991 e 1999.
Volveu ser elixido concelleiro tralas municipais de 1999, encargándose da concellería de obras, pero en marzo do 2000 renunciou á acta e foi nomeado asesor da Consellería de Política Territorial. En setembro de 2002 foi nomeado xerente do Consorcio de Bombeiros do Salnés[1], permanecendo ata a súa xubilación en agosto do 2007[2].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos