Antonio Pillado Montero, nado en Cambados o 22 de abril de 1936, é un avogado e político galego[1].
Traxectoria
Foi concelleiro de Cambados e alcalde entre 1987 e 1990, sendo tamén deputado provincial. Foi deputado por Pontevedra na II lexislatura (1982-1986) e na IV, V e VI (1989-1999). Foi senador electo por Pontevedra por Alianza Popular (AP) na III lexislatura (1986-1989), durante a cal pertenceu á deputación permanente do Senado e ás comisións de Constitución e Xustiza. Foi conselleiro de Xustiza e Interior entre 1999 e 2003, sucedendo no cargo a Xesús Palmou.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas