Santiago Fernández Fernández, nado en Muros o 24 de maio de 1947 é un actor e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en
Arte Dramática e mestre. De ampla experiencia teatral, foi actor, director e
fundador do grupo de teatro independente Tespis, actor de Teatro Circo, da
Escola Dramática Galega e de Teatro do Morcego. Actualmente dirixe o Estudio de
Teatro Casahamlet onde imparte docencia, actúa e dirixe a compañía de teatro.
Coordinador e
relator de numerosos cursos para docentes sobre dramaturxia escolar, lectura
expresiva e oralidade.
Profesor de
diversos cursos de posgrao sobre Teoría e práctica da interpretación nas
Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña
( 1999-2004) Comunicación e información radiofónica,
Universidade da Coruña,( 2014)
Actor e
director de dobraxe.
Como escritor
ten publicados sete libros sobre didáctica da língua: Agromar, língua galega
(Anaya,1980), Comentarios literarios,(Andhea,1985),
ou manuais especializados, A voz do actor
( Deputación, 2001).
Co ensaio Historia dunha montaxe teatral, levou o Premio Literario Cidade
da Coruña en 1982; o Otero Pedrayo no ano 2010 compartido con Manuel Lourenzo
polo seu labor en Casahamlet, o de Bos e Xenerosos de a AELG, en recoñecemento
o labor en Casahamlet( 2014).
É colaborador
dos xornais La voz de Galicia e El Ideal gallego.
En Radio Coruña,
Cadena SER, dirixe o programa Escuela de
Padres.
Narrador de
concertos Didácticos coa Orquestra Sinfónica de Galicia: Pedro e o lobo, (Prokofiev), Historia
dun soldado (F. Ramuz e I. Strawinnsky), O Rei David (A. Honegger), La
música y los sentidos (J.A. Abad), Historias
de la percusión , Homenaje al Quijote, El vuelo del moscardón (R
Korsakof) The Ty Pewriter ( L.
Andersen); Epigrama del engaño y la sombra ( J. Vizoso), Egmont ( L.V. Beetthoven, 2014).
Co grupo de
Cámara In Itínere: Cantigas do Mar (
Martín Códax), Eirexa dos Minimes,
Bruxelas.
Coa Real
Philarmonía de Galicia, Las siete
palabras (Haindy); Werther ( G.
Pugnani(2.014)
Narrador de
libros sonoros – sondecontos-: A memoria
das árbores, (Kalandraka2000), O Gatipedro,
(Kalandraka 2002), Hércules y Crunia,
(Kalandraka,2004).
Como actor ou
director de teatro ten interpretado textos de E. Ionescu, E. Mrozeck, A .Chejov,
E . Albee, Puskin, F.
Dúrremant, Castelao, A. Cunqueiro, M. Lourenzo,W. Shakespeare, H. Müller…
En cine ou
televisión ten participado como actor en:
Dame lume (H. Carré, 1993 ); A lei da fronteira ( A. Aristarain,
1995); Mareas vivas ( teleserie)
(TVG, 1998); Rías Baixas (teleserie)
( TVG, 1999); Galicia Exprés
(teleserie) ( TVG, 2000); O lápis do carpinteiro
( A. Reixa, 2002); Autopsia ( M.
Bará,2002); As leis de Celavella
(teleserie) ( TVG,2003); Heroína (G.
Herrero, 2005); Terra queimada (doc)
( J. Paz, 2008); O camiño
primitivo: Asturias (doc) (
J.Salgado, 2008)…entre outros.
Premios
- Premio ao "mellor actor de teatro", Valladolid, 1997.
- Premio literario "Cidade da Coruña" 1982 co ensaio Historia dunha montaxe teatral.
- Premio "Otero Pedrayo" das Deputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011.[1]
Obras
- Agromar. Lingua Galega, 1983.
- Comentarios de textos literarios, 1985.
- A voz do actor, 2001.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas