Santiago Bernabéu Yeste, nado en Almansa, Albacete, o 8 de xullo de 1895 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e estivo sempre ligado ao Real Madrid Club de Fútbol, club que presidiu durante 35 anos (entre 1943 e a súa morte en 1978).
Polémica polo nome do estadio
O estadio Santiago Bernabéu foi nomeado na súa honra en 1955, cambiándolle o anterior nome (Chamartín). Segundo algúns, incumpre a Lei de Memoria Histórica xa que Bernabéu participou golpe fascista de 1936, e alistouse na División de Infantaría falanxista ocupando Cataluña, foi condecorado por méritos de guerra e ascendido a cabo militar.
Ao palco do estadio acudían autoridades franquistas, incluído o fundador da lexión, José Millán-Astray, quen o chegou a retar "a un duelo con pistolas".[1] Nun fragmento dun documental sobre Bernabéu, publicado pola conta de Twitter do Real Madrid, este afirma: "Cuando oigo que el Madrid ha sido el equipo del régimen me dan ganas de cagarme en el padre de quien lo dice".[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas