Sanamede do Monte é unha parroquia que se localiza no sueste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 414 habitantes (211 mulleres e 203 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 544 habitantes.
Malia a mala conservación aínda quedan restos de túmulos megalíticos como son a mámoa do Purrubelo e a mámoa das Chamiseiras. As dúas sitúanse en Duomes de Abaixo. No lugar de Monte tamén se atopa a mámoa da Mina de Mosqueira.[2]
A primeira referencia nun documento é o ano 988, onde reflicten que o monxe Leodofredo fai doazón da mesma e tódolos seus lugares ao mosteiro de Antealtares.
No ano 1793, os veciños de Covas, San Cibrán e San Mamede elevaron unha petición ao Rei Carlos IV para que lles autorizase a celebración dunha feira todos os meses. Por Real Carta dada o 4 de setembro de 1795 concedéuselle a feira o segundo domingo de cada mes. Esta foi feita na carballeira de Seilán, e por ese motivo construíuse unha capela, primeiro de madeira, na que se oficiaba a misa os días da feira. No ano 1928 permitíuselle facer feira nos segundos domingos e nos cuartos daqueles meses que tiveran cinco. Esta durou ata os anos 60.
Sofre varias transformacións, sobre todo a partir do ano 1594, visibles na variedade de estilos, que van desnde o gótico tardío ata o manierista que se manifesta na capela maior e nos retablos.
A maioría moían con auga do río Seilán (río Albariña) nove meses, excepto o Novo, propio do cura, que moía todo o ano
Moían a metade do ano coas augas do regato de Buchaín:
Buchaín | Duomes de Abaixo | Duomes de Arriba | Freiriñas | O Monte de Abaixo | Nantón | O Rucheiro | Sanamede | O Seilán | Xanín
A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)